Friday 03 de May de 2024

Novo horario de emisión do programa MociRadio en Radio Oleiros


O programa radiofónico das casas de mocidade de Oleiros, “MociRadio”, cambia o seu horario de emisión en Radio Oleiros. O espazo radiofónico que se estaba a emitir na emisora municipal os sábados as sete da tarde pasa agora a emitirse os xoves ás oito da tarde.

“MociRadio” é a actividade estrela das casas da mocidade de Oleiros é a máis constante, xa que, a súa continuidade perdura desde o comezo da emisión ata a actualidade. O programa está conducido por Abel Caballero en formato Magazine e conta con multitude de seccións de todo tipo lideradas pola propia mocidade de Oleiros. No programa hai música en directo, entrevistas, concursos, e todo baixo a óptica local da mocidade oleirense.

“MociRadio” tamén pode escoitarse a través das redes sociais.